Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Museo do Gravado de Ribeira cede coleccións a Italia, Alemaña e Portugal

Coleccións de Picasso, Miró, Dalí, Castelao e Ukiyo-E exporanse en centros de Madeira, Milán, Roma e Ausburgo

O vicepresidente da Fundación Museo do Gravado de Ribeira, Javier Expósito, na inauguración da exposición en Milán.

O vicepresidente da Fundación Museo do Gravado de Ribeira, Javier Expósito, na inauguración da exposición en Milán. / Cedida

Ribeira

O Museo do Gravado de Ribeira cedeulle varias coleccións dos seus fondos a centros culturais e museísticos de Italia, Alemaña, Portugal e tamén de España.

Trátase de series de Picasso, Miró, Dalí, Castelao e Ukiyo-E, ademais das exposicións do Premio Atlante de Gravado, do Simposium Internacional de Offet de Arte e de Carmen Hermo (A pegada sensible).

Ao Centro Cultural e de Investigão do Funchal (de Madeira, Portugal), cedéronse as coleccións de Salvador Dalí Pantagruel, Fábulas de La Fontaine e O Quixote, que se inaugurarán o 8 de novembro.

En canto a Italia, cedéronse á Fabbrica del Vapore de Milán a colección Tre Grandi di Spangna: Dalí, Miró Picasso (que se inaugurou o pasado día 24) e ao Museo Storico della Fanteria, de Roma, a colección Il linguaggio delle iddee. Picasso (que se inaugurará o vindeiro 30 de outubro).

Ao centro Kunstsammlunen & Museen Ausburg de Alemaña, cedeuse a colección Miren que graves. Mestres gravadores españois de Goya a Dalí, que se inaugurou o 23 de outubro e estará tamén nos cinco museos de Ausburgo ata finais de 2026.

E en España, cedéronse ao Museo Provincial da Lugo a colección Os Homes de Castelao na colección Roberto Taboada (inaugurada en setembro); ao Museo do Gravado Santa Marta de Tormes, de Salamanca, a colección La tauromaquia, de Franciso de Goya, que se inaugurará este mes de outubro; e ao Museo do Mar de Galicia, de Vigo, a colección A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga, que se inaugurará o 5 de novembro.

Tracking Pixel Contents