A deputada provincial de Dereitos Civís, Sol Agra, visita en Rianxo os traballos de exhumación de dous barbanceses fusilados en 1936
A fosa na que xacen Manuel Piñeiro e Francisco López atópase no adro da igrexa de Asados

Sol Agra e Julián Bustelo, segunda e terceiro pola esquerda, ante a fosa. / Cedida
A titular da área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra, visitou este mércores os traballos de exhumación de Manuel Piñeiro e Francisco López, dous barbanceses fusilados en 1936, acompañada do alcalde, Julián Bustelo, e de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza.
A exhumación da fosa na que xacen estas dúas vítimas da violencia golpista do 1936 está coordinada polo grupo HISTAGRA-CISPAC-USC, formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas, que comezaron os traballos este luns, no adro da igrexa de Santa María de Asados.
As vítimas son Manuel Piñeiro Abeijón, veciño de Boiro que o 14 de agosto de 1936 foi paseado no alto da Paradegua para logo os golpistas abandonar o seu corpo sen vida na estrada próxima á igrexa de Asados, e Francisco López Pérez, veciño da parroquia rianxeira de Taragoña, que tamén foi paseado no mesmo lugar o 12 de setembro de 1936 e despois levado a un lugar próximo á igrexa.
“Estes dous barbanceses, como tantos outros, foron asasinados durante o levantamento militar contra o goberno electo en 1936. Esta exhumación que hoxe se desenvolve é un acto de dignidade, de reparación e de xustiza. Recuperar os seus corpos é devolverlles o nome, a historia e o respecto que lles foi negado durante décadas” sinalou a deputada.
“Dende as administracións públicas temos a responsabilidade de defender a verdade e a memoria, e o deber moral de espallar os ideais e anceios de liberdade de todas as persoas asasinadas polo fascismo para que a súa morte non caia no esquecemento”, engadiu.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre