O Goberno de Noia insta o PP a devolver os cartos das comidas e consumicións que lle cargou ao Concello
A interventora xa advertiu que ese tipo de gastos con militantes e simpatizantes non se poden xustificar coas asignacións municipais aos partidos

Santiago Freire, terceiro pola esquerda, dos demais concelleiros do PP de Noia. / Suso Souto
O tenente de alcalde e concelleiro de Facenda de Noia, Manuel Seijas, instou o grupo municipal do PP a devolver os cartos que percibiu do Concello nos últimos anos por comidas, ceas e consumicións con cargo á asignación municipal que lle corresponde para o seu funcionamento.
Seijas insta tamen o exalcalde, Santiago Freire, «a pedir perdón e entregar a acta de dil» e considera que os edís populares «estaban vivindo ben a conta dos veciños», polo que «deben asumir responsabilidades». «Non pode vir a un pleno alguén que estivo bebendo cubalibres a conta do Concello», dixo Seijas.
O Goberno local segue recompilando facturas e tíckets que os populares cargaron ao Concello, durante o mandato de Freire, en hoteis, restaurantes e cafeterías (ás presentadas dende 2019 súmanse outras dende 2015).
Ao respecto, a interventora municipal xa advertiu nun informe en 2021 que non se considera un gasto vinculado ao funcionamento do grupo municipal o financiamento de comidas cos simpatizantes e afiliados dun partido, polo que non se deben incluír na xustificación de gastos con cargo á asignación anual para os grupos municipais, que no caso do PP é de sete mil euros.
Asimesmo, a interventora advertiu que, no caso do PP, achegáronse ese ano (2021) gastos en hostalería por 4.538 € que non se poden considerar de funcionamento do grupo municipal e que, ademais, para reunións de traballo «dispoñen da súa sede ou das dependencias do Concello».
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo