Un proxecto audiovisual afonda na lenda sobre a rocha sonense de Outeiro Bicudo
O colectivo Orgullo Galego analiza en 8 vídeos a orixe de vellas tradicións, ritos e crenzas alleas ao cristianismo, en base ao sermón dun bispo galego do século sexto

Lidia Mariño e Borxa González. / Cedida
Orgullo Galego, unha comunidade en lingua galega que ten nas redes sociais máis de medio milleiro de seguidores en 80 países, lanzou os tres primeiros capítulos do seu proxecto Martiño de Dumio: a espiritualidade popular no reino da Galiza, que se desenvolverá ata finais de ano.
O cuarto dos oito capítulos ten como protagonista o Outeiro Bicudo, unha rocha isolada que se atopa no cumio dun outeiro situado en Portosín (Porto do Son) e no que a antropóloga local Lidia Mariño explica o seu significado e o da figura mitolóxica da moura.
Impulsado por Borxa González Castro e ao abeiro do certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia, da Deputación da Coruña, este traballo busca entender como pensaban os habitantes do século quinto en base ao sermón De correctione rusticorum (Da corrección dos rústicos), do bispo Martiño de Dumio (século VI).
Dito sermón supón unha fascinante aproximación á mentalidade relixiosa dos habitantes do Reino de Galicia na época e nel o bispo deixa constancia do que considera prácticas idolátricas.
Para os historiadores é unha fonte única para analizar ritos e crenzas da época alleas ao cristianismo que sobreviviron ata os nosos días en forma de lendas ou tradicións.
Lidia Mariño, nada en Portosín en 1984, é diplomada en Fisioterapia e graduada en Antropoloxía Social e Cultural na UNED e conta coa titulación de varios cursos sobre antropoloxía, mitoloxía e ritualística galega, así como de investigación etnográfica, rituais con máscara e crenzas medievais. Nestes vídeos fala sobre os agoiros ligados aos animais, os ritos asociados á herba de namorar, o culto ás fontes, a figura mitolóxica da moura, os amilladoiros, o tizón de Nadal, as vulcanais, etcétera.
En novembro e decembro o proxecto divulgarase en varios centros de ensino.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago