Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta eloxia os 15 anos de traxectoria do centro de día de Alzheimer de Ribeira

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou o importante labor que se desenvolve na instalación

María Sampedro, terceira pola esquerda, e Antón Acevedo, quinto, este xoves no centro de día de Alzheimer de Ribeira.

María Sampedro, terceira pola esquerda, e Antón Acevedo, quinto, este xoves no centro de día de Alzheimer de Ribeira. / Cedida

Ribeira

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou este xoves na celebración do décimo quinto aniversario do centro de día para persoas con Alzheimer de Ribeira, que xestiona a entidade social Agadea.

Tras a visita, o director xeral destacou o importante labor que desenvolven este centro e o resto de servizos que confoman a rede galega de atención a persoas con Alzheimer e que conta con 560 prazas totalmente públicas.

«Trátase de servizos específicos que ofrecen unha atención e coidado de calidade a todas as persoas afectadas e un asesoramento aos seus achegados», explicou Acevedo.

Ao acto asistiron tamén a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o tenente de alcaldesa, Vicente Mariño, entre outros.

Tracking Pixel Contents