Muros organiza un obradoiro de defensa persoal feminina e charlas nos colexios para o 25N
A edil de Igualdade muradá, Maruxa Martínez, destacou que este "é un mes para concienciar e dicir ben alto que non podemos dar pasos cara atrás"

Maruxa Martínez e Elvira Núñez presentaron a programación. / Cedida
O Concello de Muros presentou hoxe a súa programación polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con diferentes actividades para públicos de todas as idades.
As actividades comezarán o 9 de novembro cun obradoiro de defensa persoal feminina, e o 18 chegará a presentación do libro As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936, con Carmen V. Valiña.
As propostas conxuntas coa comunidade educativa terán un especial protagonismo, coa charla teatralizada A violencia nos videoxogos, para o alumnado do IES Fontexería e o IES As Insuas, e a charla Desconecta a violencia: o perigo está en liña, en colaboración con Adisbismur para o alumnado do IES As Insuas.
Punto de sensibilización e concentración o 25N
Xa o 25N instalarase no Curro da Praza un punto de sensibilización, en colaboración con Adisbismur e a Deputación da Coruña, e haberá unha concentración ás 12:00 horas.
Para pechar a programación, terá lugar unha nova edición do Café Feminista o 29 de novembro no local de Agrovello, Tal, co tema 'A violencia psicolóxica'. Contará coa intervención de Aurea Brea.
A edil de Igualdade muradá, Maruxa Martínez, catalogou na presentación da proposta, en compañía da asesora xurídica do Centro de Información á Muller (CIM) de Muros, Elvira Núñez, que este é “un mes para concienciar e dicir ben alto que non podemos dar pasos cara atrás”.
Martínez engadiu ademais que dende a Corporación municipal ven "con preocupación os datos que confirman un aumento das denuncias por violencia machista, especialmente na xente máis nova”. Na mesma liña, a alcaldesa de Muros, María Lago, advirte “das voces que restan importancia a unha lacra social como é a violencia machista, que require unidade de acción de toda a sociedade”.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego