Noia acollerá o día 15 de novembro a estrea da película ‘Rondallas’
A XXVI Mostra de Curtas Vila de Noia terá lugar do 12 ao 22

Manuel Seijas e Chelo Martínez, na presentación da XXVI Mostra de Curtas Vila de Noia. / Cedida
O alcalde de Noia, Francisco Pérez, o tenente de alcalde, Manuel Seijas, e a edil de Cultura, Chelo Martínez, presentaron a XXVI Mostra de Curtas Vila de Noia, que terá lugar do 12 ao 22 de novembro. Máis de 3.000 alumnos asistirán no Coliseo Noela ás proxeccións da sección Curtacativa, que converte o cinema en ferramenta educativa.
Na sección Arredor das Curtas (que terá lugar do 14 ao 16 no Casino e no Liceo) Juantxu Álvarez, CEO de Gossua Producciones, ofrecerá dúas sesións sobre a IA no audiovisual, e Álex Agüera, director do último videoclip de Estopa, explicará como crear un videoclip.
Festhome, a maior plataforma europea de distribución de curtas, compartirá escenario con Sonia Bautista, de Nuevos Realizadores, e Fernando Patín, distribuidor independente brasileiro, que darán consellos sobre distribución internacional.
Arredor das Curtas será tamén un punto de encontro real, con espazos de networking, pitching e conversas onde produtoras, creadores e estudantes compartirán ideas e proxectos.
A Mostra segue así a ser un lugar onde as historias comezan a tomar forma, onde o soño audiovisual galego segue a medrar co apoio de quen cre nel. No corazón da programación volve tamén a sección Cousas de aquí, que emociona por falar dende a proximidade, dende o que somos.
O 15 será a estrea da película Rondallas, producida por Bambú Producciones, dirixida por Daniel Sánchez Arévalo e protagonizada por, entre outros, Javier Gutiérrez, María Vázquez, Tamar Novas, Carlos Blanco, Judith Fernández, Fer Fraga, Xosé A. Touriñan e Marta Larralde.
Na Sección Oficial proxectaranse as mellores curtas desta edición, que competirán polo gran premio da Mostra.
Tamén haberá espazos para descubrir libros, proxectos e escenarios: o día 16 celebrarase o roteiro Noia Plató Natural, un percorrido polos lugares da vila que foron escenarios de rodaxe, e presentaranse a obra literaria de Álex Agüera, Cine desde cero, e Mi primer cortometraje, dúas guías para seguir alimentando o espírito creador.
O mércores 19, o Coliseo Noela acollerá a proxección de Serafín El castañero, de Nacho Carnota e Jorge García; Strobo, documental realizado polo Colexio da Peña; a intervención de Mercedes Silva
Totakeki, influencer e voz contemporánea da vila; e Este sol non é como ningún, de César Souto e Luis Avilés. Obras que nacen dende a terra, que respiran o aire de Noia e que lembran que a cultura tamén é identidade.
Tamén terá lugar a estrea do documental Sólo pienso en ti, de Víctor Manuel, o xoves 20, coa participación dos seus directores, produtores e actores.
E o 22 será a gala de clausura, coa entrega de premios.
O alcalde de Noia, Francisco Pérez, destacou que “a Mostra de Curtas é moito máis que un festival; é un sentimento que se renova cada novembro, unha fiestra aberta ao mundo dende o corazón dunha vila que aprendeu a falar en fotogramas. O tempo pasará, mudarán as tecnoloxías e as xeracións, pero en Noia seguirá viva a paixón por contar, por mirar e por vivir o cinema”.
Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, subliñou que“estes 26 anos de historia demostran que cando unha comunidade cre na cultura, pode converter un proxecto local nun referente internacional. A Mostra é un orgullo para Noia e un exemplo de como o audiovisual galego pode seguir medrando con talento, esforzo e ilusión”.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- La borrasca Claudia pone en alerta a Galicia: vientos de más de 100 Km/h y fuertes lluvias que se intensifican esta noche