Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SANIDADE

O novo centro de saúde de Porto do Son terá máis salas e servizos

Incorporará consultas de odontoloxía, fisioterapia e de atención á muller

Luis Oujo, esquerda, Magdalena Pérez e Ángel Rodríguez, en Porto do Son.

Luis Oujo, esquerda, Magdalena Pérez e Ángel Rodríguez, en Porto do Son. / Cedida

Porto do Son

Os deputados do PPdeG Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez, acompañados polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacaron o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora da prestación sanitaria que reciben os veciños da localidade.

Un compromiso que, subliñaron, se manifesta nos 600.000 euros que figuran nos Orzamentos autonómicos de 2026 para o novo centro de saúde.

Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez, que tamén é concelleira deste municipio, salientaron que o novo centro de saúde ocupará unha superficie de 1.800 metros cadrados "e permitirá aumentar sensiblemente a capacidade asistencial que na actualidade reciben os veciños de Porto do Son".

En concreto, incrementará as consultas de medicina e de enfermería que se prestan no centro actual, ademais de dispoñer de novos servizos de odontoloxía ou fisioterapia, así como áreas específicas para pediatría e atención á muller.

Tracking Pixel Contents