Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EQUIPAMENTO

A Policía Local de Ribeira incorpora un vehículo con distintivo ambiental

Foi cofinanciado, en parte, polo Fondo de Compensación Ambiental

A alcaldesa, María Sampedro, recepcionou o novo vehículo da Policía Local.

A alcaldesa, María Sampedro, recepcionou o novo vehículo da Policía Local. / Cedida

Ribeira

O Concello de Ribeira adquire, co apoio da Xunta, un vehículo con distintivo ambiental para reforzar o equipamento da Policía Local. O custo de 38.119,60 € foi subvencionado en parte polo Fondo de Compensación Ambiental.

A alcaldesa, María Sampedro, participou na recepción do vehículo xunto co inspector xefe do corpo policial, José Manuel Bretal, e o axente, Adrián Chorén. «Esta adquisición fortalece os medios materiais para o desenvolvemento das tarefas habituais dos axentes. E o novo coche conta con selo conforme se respecta o medio ambiente», explicou a rexedora.

Tracking Pixel Contents