Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XUNTANZA

Goberno e confraría de Noia estudan solucións para mellorar a situación da ría

Traballarán para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros

Santiago Cruz, esquerda, Adelo Freire, Francisco Pérez e Manuel Seijas, na xuntanza.

Santiago Cruz, esquerda, Adelo Freire, Francisco Pérez e Manuel Seijas, na xuntanza. / Cedida

Noia

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel Seijas, mantiveron unha reunión co patrón maior, Santiago Cruz, e o secretario da Confraría de Pescadores San Bartolomeu, Adelo Freire, na que abordaron diversos problemas que afectan ao estado da ría e ao conxunto do sector marisqueiro.

Entre outras cuestións avaliaron os puntos de vertido directo á ría, o estado das obras da depuradora de Barro, así como a necesidade de continuar co arranxo e modernización dos 14 puntos de bombeo da localidade, dos cales na actualidade non funciona ningún.

A reunión serviu tamén como preparación para a convocatoria da Mesa Interinstitucional do Mar, dende a cal o Concello e a confraría pretenden traballar conxuntamente en solucións concretas para mellorar a situación da ría de Noia e recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros.

Tracking Pixel Contents