Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obradoiros, charlas, exposicións e degustacións de cogomelos nas Xornadas Micolóxicas da Pobra

As actividades son gratuítas e levaranse a cabo ata o domingo, 9 de novembro.

O edil de Medio Ambiente pobrense, Xosé Lois Piñeiro, presentou as actividades.

O edil de Medio Ambiente pobrense, Xosé Lois Piñeiro, presentou as actividades. / Cedida

A Pobra

Tras a posta en marcha do Concurso Fotográfico de Micoloxía, as Xornadas Micolóxicas da Pobra do Caramiñal ofrecerán un amplo abano de actividades completamente gratuítas ata o próximo domingo. O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, detallou que a programación deste ano inclúe obradoiros, conferencias a cargo de expertos, exposición de cogomelos, saídas ao campo e degustacións gastronómicas.

A primeira actividade da semana terá lugar este mércores cos talleres micófilos nos CEP Salustiano Rey Eiras e no CEP Pilar Maestú Sierra a cargo de asociación medioambiental Amabul. O venres, día 7, terá lugar a charla Ven coñecer o xénero russula, por se che pica a curiosidade, que correrá a cargo de José María Traba Velay. Será ás 20.30 horas no auditorio da Biblioteca Municipal.

Xa o sábado 8, por unha banda acollerase unha exposición de cogomelos no mercado da Praza de Abastos, ao mesmo tempo no que se organizarán os obradoiros micófilos Cultivo de Pleurotus, no recinto da Confraría de Pescadores. Esta proposta efectuarase en diferentes horarios en función da idade do público. A pirimeira sesión será para a rapazada de ata 12 anos, e celebrarase de 11.00 a 13.00 horas. A segunda, para adultos, será de 17.00 a 19.00 horas. Os talleres serán impartidos por persoal especializado de MycoGalicia Plantae.

O domingo, día 9, comezará ás 10.00 horas cunha saída ao campo e, ás 13.00, horas o mercado da Praza de Abastos albergará unha mostra dos cogomelos recollidos durante a excursión. O espazo servirá, ademais, para entregar os premios do IX Concurso Fotográfico de Micoloxía. A xornada concluirá ás 14.00 horas cunha degustación gastronómica a cargo do chef do restaurante A Horta do Obradoiro, Kike Piñeiro.

Tracking Pixel Contents