AXUDAS
Boiro destina máis de 430.000 euros á promoción do deporte no municipio
O Concello asina convenios con 30 clubs e entidades deportivas

O alcalde, no centro, asinando o convenio coa representante de Boiro Voleibol. / Cedida
O Concello de Boiro asina convenios de colaboración con 30 clubs e entidades deportivas que obteñen unha subvención nominativa que ten como obxecto sufragar os gastos xerais dos propios clubs. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, asinaron os primeiros convenios co Boiro Voleibol e o CD Boiro.

O directivo do CD Boiro asinando o convenio, xunto co alcalde e o concelleiro de Deportes. / Cedida
A finalidade é axudar a sufragar os gastos xerais dos clubs en canto a arbitraxes, material deportivo ou equipamentos, así como a celebración de probas deportivas ou a participación nas mesmas durante a tempada.
O Concello destina un total de 438.335,63 euros para a promoción do deporte do municipio mediante as subvencións nominativas a clubs, as bolsas de concorrencia a clubs e deportistas federados, as Escolas Deportivas Municipais e os Veráns Deportivos.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Dos vecinas de A Maía se quedan a las puertas de coronarse como Miss Grand Galicia
- Vuelve la Feira do Monte a Ames con 22 puestos, talleres y pulpería
- El Palacio de Congresos de Santiago revitaliza su oferta cultural: 20 artistas confirmados hasta marzo
- Rosón no descarta la propuesta de Sumar de ir con CA en una candidatura a las municipales