INFRAESTRUTURAS
Porto do Son dota de saneamento e abastecemento o lugar de Mótega
Rematou as obras nas que se investiron 169.400 euros

O Concello dotou de servizos de saneamento e abastecemento o lugar de Mótega. / Cedida
O Concello de Porto do Son rematou as obras de saneamento e abastecemento no núcleo da Mótega. A actuación, cun custo de 169.400 euros, conta co financiamento de 165.523 euros a cargo do POS+2024 da Deputación e unha aportación de 3.576 euros de fondos propios municipais.
Os traballos incluíron a ampliación da rede de abastecemento existente no lugar da Silva, instalando unha tubaxe nunha gabia compartida coa condución de saneamento, para poder dotar de servizo de auga potable ao lugar da Mótega.
O alcalde, Luis Oujo, di que a obra «dá resposta ás demandas veciñais e permite rexenerar as condicións dun servizo imprescindible. A nosa intención é continuar renovando este servizo, co firme obxectivo de mellorar as condicións de vida da nosa veciñanza e reducindo ademais o impacto medioambiental».
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- Todo lo que tienes que saber sobre el Carnaval en Santiago: horarios, concursos, desfiles y más
- Lunes de borrasca y lluvias intensas en Galicia... pero con el anticiclón en el horizonte
- Conflicto de buses en Santiago: 'Se non hai avances poderiamos levar a asamblea a reactivación da folga
- Aviso a los conductores: una calle del centro de Santiago permanecerá cortada al tráfico durante 24 horas
- Gallinas en las aulas: el Entroido convierte una escuela infantil de A Pobra en una granja
- Este pueblo marinero busca dueño por 150.000 euros: a una hora de Santiago