Entrevista |
Ribeira impulsa un Programa de Igualdade e Diversidade para centros de ensino
Inclúe formación creativa e talleres de saúde afectivo-sexual

O programa comezou no Colexio Sagrado Corazón de Jesús, en Castiñeiras. / Cedida
Como antesala ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira pon en macha un Programa Educativo de Igualdade e Diversidade, dirixido a alumnado de primaria e secundaria do municipio.
O primeiro destino foi o Colexio Sagrado Corazón de Jesús, en Castiñeiras e, progresivamente, irá chegando ao resto de centros de ensino.
A concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, explica que se trata «dunha acción municipal para fomentar a igualdade, o respecto á diversidade e a prevención das violencias de xénero dende as idades máis temperás. Esta iniciativa marca o punto de partida de toda a programación que temos deseñada para este mes, se ben, traballar a prol dunha sociedade máis xusta, respectuosa, igualitaria e libre de violencias non se debe limitar a unha data específica; é algo no que, dende as Administracións públicas e tódolos axentes da sociedade, debemos traballar os 365 días».
O programa artéllase sobre dúas liñas principais de traballo: Aprender Igualdade Creando e Talleres de Saúde Afectivo-Sexual. O primeiro bloque oriéntase a alumnado de 6º de primaria, e os obradoiros están dirixidos aos cursos de 2º e 4º de secundaria e de Formación Profesional Básica.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera