Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O alcalde de Noia celebra a "primeira victoria" da Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Francisco Pérez reabriuna recentemente, pois levaba cinco años pechada

Francisco Pérez, na súa toma de posesión como alcalde de Noia.

Francisco Pérez, na súa toma de posesión como alcalde de Noia. / Suso Souto

Noia

«Hoxe síntome especialmente contento. A Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Noia acaba de conseguir a súa primeira vitoria, logrando que un veciño maior da nosa vila reciba unha compensación económica de case dous mil euros por parte dunha gran empresa», escribiu o alcalde de Noia, o socialista Francisco Pérez, no seu muro de Facebook.

O mandatario explica que «cando decidín reabrir a Oficina Municipal de Información ao Consumidor, despois de cinco anos pechada polo anterior Goberno local, fíxeno porque estaba convencido de que servizos como este son fundamentais, sobre todo para as persoas maiores».

Neste sentido, o rexedor explica que moitas desas persoas maiores «non teñen facilidades para desprazarse a Santiago ou para facer xestións a través de Internet, e é xusto que poidan resolver os seus problemas aquí, en Noia».

Asimesmo, o mandatario noiés sinala que «ver que a OMIC está a funcionar tan ben, atendendo cada día máis veciños e veciñas, confirma que volver poñela en marcha foi unha boa decisión».

Finalmente, Francisco Pérez anuncia que «seguirei traballando para que Noia sexa unha vila que coide da súa xente, especialmente das persoas maiores, e que conte cos servizos que todos merecemos».

Tracking Pixel Contents