A sostibilidade e o emprendemento no eido agroalimentario, a debate nun foro en Boiro
Celebrarase o venres 14 no Viveiro de Empresas e exporanse exemplos de innovación

Instalacións do Viveiro de Empresas de Boiro. / Cedida
O Concello de Boiro, xunto coas empresas do coworking Lab Barbanza, organiza unha xornada sobre adaptación, sostibilidade e emprendemento no sector agoralimentario galego, denominada Agro 360º. A xornada terá lugar o venres 14 de novembro a partir das 11.00 horas no Viveiro de Empresas e para participar é necesaria a inscrición previa.
Esta xornada vai constar de mesas de debate especializadas, tres espazos de diálogo con persoas expertas da cadea de valor agroalimentaria e tamén espazo networking, unha oportunidade para establecer contactos e intercambiar experiencias.
A primeira das mesas redondas será sobre sostibilidade ambiental e cambio climático e nela falarase dos marcos legais que actualmente poñen dirección no sector, tanto na temática de sostibilidade como de adaptación ao cambio climático.
Contará coa participación de José Ramón Vázquez, vicepresidente de Viratec; Jacobo Feijoo, responsable de medio ambiente e cambio climático de Unións Agrarias; Higinio Mougán, director-xerente Agaca; e Pablo Condo, enxeñeiro técnico agrícola e responsable de Agrotech en Sinerxia Consultores.
A segunda mesa será de innovación e empresa e, con exemplos reais, falarase de proxectos e iniciativas que xorden do propio sector e que poden ser de inspiración e exemplo de boas prácticas. Participan nesta mesa Paula Souto, directora de I+D de Jealsa; Ángela Yusta, responsable de I+D en Paco y Lola; Javier Caneda, responsable de produción vexetal en Del Agro; e José iglesias, co-fundador e CEO de Stelviotech.
A terceira das mesas será sobre emprendemento e novos modelos de negocio cunha presentación de proxectos inspiradores que se están abrindo camiño entre a sostibilidade e a resiliencia. Nesta mesa van participar Elena Vitoria, CEO de Salmoira; Rosa Arcos, secretaria xeral de Fademur; Deborah Franco, fundadora de Monet Tecnología e Innovación; e Maruxa e Carmiña, cofundadoras de Canumi.
A xornada está dirixida a persoas emprendedoras, profesionais do agro e persoal investigador, aínda que a entrada é libre. Para reservar praza é necesario inscribirse no formulario web.
Esta xornada conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante as subvencións para financiar gastos de dinamización do espazo coworking Lab Barbanza, pertencente á Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago