O Son súmase ao plan para formar inmigrantes no sector pesqueiro
O programa é gratuíto e promóveo a ONG Movemento pola Paz

O edil de Deportes e Xuventude de O Son, Carlos Lorenzo, con traballadoras sociais, a representante da ONG, Susana Fernández, e a técnica laboral, Beatriz García. / Cedida
O Concello de O Son adheriuse ao programa gratuíto Migramar Proemprego, da ONG Movemento pola Paz, para promover a inserción laboral da poboación inmigrante no sector pesqueiro e garantir o relevo xeracional no mesmo.
Os participantes poderán adquirir as competencias idiomáticas e dixitais básicas para un correcto desenvolvemento no sector con plena autonomía, así como obter as titulacións oficiais necesarias para a súa inserción laboral no sector.
O colectivo prioritario de atención será o de poboación inmigrante, menores de 30 anos, procedentes de países da costa do norte de África e con algún tipo de experiencia previa no mundo da pesca.
O proxecto porase en marcha a principios de 2026. Os interesados en apuntarse poden chamar ao 981 867 4 14.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson