A Universidade das Nacións Unidas premia o proxecto educativo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
A iniciativa Escola aberta e con fume fíxose co galardón Proxecto Insignia, que recoñece accións innovadoras de educación para o desenvolvemento sustentable

Participantes nunha das actividades educativas do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. / Cedida
O Instituto para o Estudo Avanzado da Sustentabilidade da Universidade das Nacións Unidas vén de galardoar a iniciativa educativa Escola aberta e con fume, do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, co seu premio Proxecto Insignia, dentro da 14ª edición dos Premios RCE para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentable.
O premio, un recoñecemento ás boas prácticas educativas e nivel mundial, foi anunciado logo da deliberación do xurado durante a XIV Conferencia Global de Centros de Especialización en Educación
para o Desenvolvemento Sustentable que tivo lugar en Okayama (Xapón), a finais de outubro.
Escola aberta e con fume é un proxecto educativo que ten como obxectivo introducir nos centros escolares de Galicia actividades e contidos relacionados cos montes veciñais, recoñecendo a súa
importancia territorial, cultural e ambiental.
A proposta nace da necesidade de achegar o alumnado a unha realidade que ocupa ao redor dun cuarto do territorio galego e que representa un modelo singular de propiedade colectiva e xestión democrática directa, exercida pola propia veciñanza.
O proxecto está coordinado pola Fundación Montescolano marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, unha iniciativa máis ampla centrada en promover a transición ecolóxica e a resiliencia
territorial na comarca.
O Laboratorio está financiado coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con fondos da Unión Europea NextGenerationEU.
As comunidades de montes veciñais constitúen unha das formas máis vivas e transformadoras de xestión comunitaria do territorio, e posúen un enorme potencial para repensar o uso da terra en
clave de sustentabilidade, como oportunidade para avanzar cara a formas de xestión máis sostibles e comunitarias, superando enfoques centrados exclusivamente na explotación produtiva do
territorio.
Neste contexto, resulta fundamental que as xeracións máis novas (futuras comuneiras) coñezan, valoren e se vinculen co seu territorio desde a escola.
Escola aberta e con fume ofrece un formato flexible e adaptable, tanto para Educación Primaria como Secundaria, cunha estrutura graduada en diferentes niveis de concreción.
En función das posibilidades de cada centro, o profesorado pode optar por realizar unha intervención puntual ou desenvolver o programa completo. En todos os casos, o proxecto propón unha ferramenta educativa útil para conectar a escola co seu contexto socioambiental, favorecendo no alumnado o interese polo lugar que habita e contribuíndo ao desenvolvemento da identidade e do arraigo comunitario.
Tanto a proposta para Primaria como a de Secundaria inclúen un caderno de actividades como complemento á visita inicial a un monte veciñal. Estes materiais, elaborados pola propia Fundación
Montescola, permiten consolidar e profundar nos contidos e nas dinámicas educativas do proxecto.
Os centros interesados poden solicitar exemplares impresos ao Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que os distribúe de balde (ata esgotar existencias).
Ademais, os cadernos e outras publicacións realizadas no marco do proxecto están dispoñibles para descarga gratuíta na biblioteca dixital da web do Laboratorio.
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, coordinado pola Fundación RIA, é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión
territorial dos montes do Barbanza.
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- La Rúa dos Loureiros estrena una pequeña plaza y abre al tráfico
- Un fuerte accidente entre dos coches se salda con una mujer herida en Vidán
- La joven promesa musical de Milladoiro: 'Sempre quixen ser violinista
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»