Cincuenta voluntarios retiran 180 quilos de lixo da praia pobrense do Areal
Os residuos recollidos entregaranse na planta Ecoplas para ser transformados en elementos simbólicos

Participantes na limpeza da praia do Areal. / Cedida
A Pobra do Caramiñal acolleu este sábado a xornada Concienciación sostible e rexenerativa, unha proposta familiar que combinou unha visita á planta de reciclaxe Ecoplas cunha limpeza colaborativa da praia do Areal. A actividade buscaba achegar a educación ambiental á cidadanía a través da acción directa e participativa.
Organizada por Izan Voluntario, figura recoñecida polas súas limpezas de praias e divulgación ambiental, a xornada contou coa colaboración da Red Vital de Galicia e a participación do Grupo Scout Tau de Santiago de Compostela, que implicou aos seus grupos infantís e xuvenís nesta actividade de compromiso co territorio.
A actividade foi deseñada para familias e mocidade, ofrecendo unha experiencia completa que mesturou conciencia ambiental, acción comunitaria e momentos de convivencia ao aire libre. Unha oportunidade para aprender facendo, sentindo e compartindo.
A xornada deu comezo ás 10.00 coa actividade na planta de transformación Ecoplas, cunha charla sobre boas prácticas ambientais, reciclaxe e consumo responsable. Logo tivo lugar unha visita guiada polas instalacións para coñecer de preto o proceso de tratamento e transformación do lixo.
Ás 12.15 horas os participantes desprazáronse á praia urbana do Areal, onde realizaron unha limpeza colaborativa con participación de familias e scouts.
Os 50 participantes recolleron un total de 180 quilos de lixo.
A actividade rematou cun xantar en formato picnic, como momento de convivencia e reflexión, respectando o coidado da contorna en todo momento.
Esta iniciativa naceu co propósito de amosar como a sustentabilidade se constrúe desde os pequenos xestos, implicando as novas xeracións e ofrecendo unha vivencia transformadora. O material recollido durante a limpeza será entregado a Ecoplas para posteriormente transformalo en elementos simbólicos, para dar visibilidade ao impacto positivo da acción.
Desde a Rede Vital de Galicia destacan que “trátase dunha xornada pensada para conectar a educación ambiental coa acción directa, dende un enfoque positivo e familiar. Gustaríanos que cada persoa participante marche para a casa coa sensación de que tamén pode formar parte do cambio”.
A presenza de Izan Voluntario, referente galego na sensibilización ambiental, así como a colaboración do Grupo Scout Tau, reforzan a vontade de tecer redes de participación cidadá e promover A Pobra do Caramiñal como espazo de sustentabilidade, comunidade e coidado do litoral.
As persoas interesadas en participar en futuras actividades de limpeza e educación ambiental organizadas pola Red Vital de Galicia poden solicitar máis información a través do correo electrónico redvitaldegalicia@gmail.com ou consultando os perfís nas redes sociais da entidade (@redvitaldegalicia). A participación está aberta a todas aquelas persoas e familias que queiran contribuír ao coidado do medio natural, xa sexa no litoral, nos ríos ou nos montes, e formar parte dunha rede activa de concienciación sostible.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo