A Creba premia en Ribeira catro relatos sobre o impacto da era dixital na saúde mental
Os gañadores foron Natalia Lema, Sergio Martínez, Valeria Ayaso e Sonia García

Autoridades, gañadores e membros do xurado do certame. / Cedida
A segunda edición do Concurso de Relatos Breves Ecos da Mente, promovido pola Asociación A Creba coa colaboración do Concello de Ribeira, xa ten gañadores.
O certame busca concienciar sobre a importancia da saúde mental e, nesta convocatoria, a temática a seguir foi sobre a repercusión da dixitalización na mesma: como afectan ao benestar emocional as redes sociais, o uso da Intelixencia Artificial e os xogos en liña, e as consecuencias do tempo dedicado a Internet, entre outras variantes.
Sergio Martínez alzouse co galardón na categoría adulta con Que razón tiñas, avoa!; Natalia Lema fixo o propio con Epístola a nosa nai, na xuvenil; Valeria Ayaso, con Eu son Naia, na adolescente; e Sonia García, con Waordurwig e o mundo que o rodea, na categoría diversa.
Os gañadores repártense un total de 480 euros es premios (unha única recompensa de 120 euros por modalidade) en formato de vales de compra para trocar nunha librería do municipio.
Na entrega das distincións participaron os concelleiros de Promoción Económica, Carmen Pérez; Sanidade, Vicente Mariño; e Relacións Institucionais, Ramón Doval.
O xurado estivo composto por Alicia Padín, Bernardino González e Eduardo Estévez, quenes destacaron a calidade das obras.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene