A exposición 'Acotío' reflicte en Ribeira o talento de oito artistas da asociación Ambar
A mostra foi inaugurada no Museo do Gravado

María Sampedro, durante a inauguración da mostra. / Cedida
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, inaugurou no Museo do Gravado a mostra Acotío, con 16 gravados feitos por oito usuarios da asociación de persoas con diversidade funcional Ambar: Daniel Piñeiro, David González, Domingo Ruíz, Esperanza Silva, Javier García, Juan Sampedro, Eugenia Reiriz e Mónica Rial.
A exposición é o resultado final dun obradoiro intensivo impartido polo mestre gravador Pepe Míguez, e subliña o talento, a capacidade creativa e o rigoroso proceso artístico das persoas con diversidade funcional.
O director do museo, Xoan Pastor, sinalo que "para min esta é unha das mellores exposicións e a que máis alegría me dá. Hai grandes artistas que en dúas horas non son capaces de realizar unha punta seca; os e as artistas de Ambar fixérono e con gran mestría”.
Pola súa banda, o mestre gravador Pepe Míguez destacou a conexión profunda das obras coa experiencia persoal: "Os meus alumnos tiñan todos unha imaxe plasmada e iso é unha experiencia de vida. Xente como Espe, que fixo o debuxo cun punzón sobre o zinc directamente, e iso é algo ancestral. Coa súa diversidade visual, ela conseguiu representar a súa obra”, indicou.
Un dos artistas, Javier García del Río, compartiu o proceso de traballo co público: "Primeiro tivemos que facer os debuxos, repasar co lapis e co boli e máis tarde traballar coa tinta. Logo veu o proceso do tórculo, no que traspasamos a imaxe ao papel final que vedes hoxe exposto”, dixo.
A presidenta de Ambar, Milagros Rey, agradeceu o apoio e parabenizou as artistas polo seu gran traballo. Seguidamente, Manu Mimé, facilitador do obradoiro, explicou a motivación do proxecto: "Este ano comezamos unha andadura co obxectivo de profesionalizarnos un pouco e dedicarnos ás artes gráficas. Queriamos que non se quedara só nun obradoiro, senón que fose algo máis: unha mostra. E así é como nace Acotío, sinalou.
María Sampedro pechou o acto subliñando a relevancia de Ambar: "Para min hoxe tamén é un día moi especial: que esta primeira intervención como alcaldesa no Museo do Gravado, un
referente tan importante para nós, sexa da man da Asociación Ambar. Se Ambar recibe moito deste concello e desta comarca é porque Ambar dá moito a este concello e a esta comarca.”
O título da mostra, Acotío, fai referencia ao carácter rutineiro da vida, que, con todo, os artistas transforman en algo especial e esencial. As pezas xorden de motivos e sentimentos cotiáns,
obxectos que lles fascinan ou que teñen un forte significado persoal.
A mostra está composta por oito gravados de punta seca. Para subliñar o proceso artístico e a labor técnica, tamén se expuxeron as matrices, que acompañan cada obra.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo