170 cans e gatos do refuxio da Pobra atoparon este ano un fogar
A instalación ampliouse con outras seis gateiras e un corredor pechado

Pola esquerda, José Carlos Vidal, Belén do Campo e Manuel Durán, portavoz municipal do PP da Pobra, no refuxio de animais. / Cedida
Un total de 170 cans e gatos que foron recollidos no refuxio de animais do Concello da Pobra atoparon un fogar este ano grazas ao labor da Protectora Moura, que se encarga do coidado dos animais en dita instalación municipal e da tramitación das adopcións.
Con todo, actualmente hai aínda 10 cans e 52 gatos pendentes de adopción.
«Para nós os animais que entran neste refuxio non son números. Cada can e cada gato levan detrás unha historia case sempre dramática e, por iso, o noso obxectivo é que, cando entren nestas instalacións, poidan estar nas mellores condicións posibles». Así referendou o alcalde, José Carlos Vidal, o compromiso do Concello co benestar animal. Unha meta que se acaba de ver reforzada coa ampliación do refuxio.
O rexedor visitou este luns as ampliadas instalacións coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
As obras executáronse cunha subvención de 63.415 € do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta. Parte desta contía destinouse á instalación de 6 gateiras con capacidade para 10 gatos por cubículo (unha delas para animais inmunos que teñan que estar separados).
Cada un destes novos espazos está dotado cunha porta de chapa de aluminio e ventás para a iluminación e a ventilación natural. Esta zona dispón, así mesmo, dun corredor pechado que comunica os módulos e que actuará como elemento de seguridade para evitar fugas.
As actuacións completaranse, proximamente, coa colocación de casiñas, elementos para rabuñar, corda, escaleiras e mesmo hamacas para que os felinos estean cómodos.
Desde a protectora indican que, ademais de adoptantes, precísanse persoas voluntarias que poidan sacar a pasear aos cans de forma diaria. Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto co refuxio a través do correo electrónico info@protectoramoura.es.
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- Crónica Social Compostelana | Concierto solidario para restaurar la Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo
- Investigan ayudas a clubes de Noia en el mandato de Santiago Freire
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia