RECOÑECEMENTO
A Asociación Boirense de Empresas é finalista dos Premios do Comercio Galego
Está nominada pola súa campaña 'Boiro, compras con corazón'

Gañadoras dos cinco vales da campaña de ABE. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) foi seleccionada como finalista nos Premios do Comercio Galego 2025, convocados pola Xunta de Galicia co obxectivo de recoñecer a labor dos profesionais e entidades do sector comercial e avanzar na súa competitividade, no marco do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030.
Os galardóns, que se entregarán o mércores 12 de novembro no Hotel Monumento San Francisco (Santiago), constan de cinco categorías: Premio Comercio Galego, Premio Comercio Traxectoria, Premio Comercio Emprende, Premio Comercio Dinamización e Premio Comercio Sostible.
A ABE compite na categoría de Premio Comercio de Dinamización, que distingue o mellor proxecto ou iniciativa de dinamización comercial dos últimos tres anos (2023-2025). Nesta categoría, a entidade boirense comparte final con Viveiro Centro Comercial Histórico e coa Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
A candidatura da ABE presentouse pola súa campaña Boiro, compras con corazón, unha iniciativa que combinou actividades culturais, gastronómicas e familiares coa entrega de vales “corazón” que os clientes podían trocar por concertos, degustacións ou sorteos, promovendo así as compras locais dun xeito innovador e participativo.
Esta acción foi recoñecida previamente como unha das cinco mellores campañas de dinamización comercial de Galicia, e representa o espírito de colaboración que caracteriza ao comercio boirense: empresas unidas, implicadas e con corazón.
A representación da ABE estará encabezada polo seu presidente, Daniel García, acompañado por membros da directiva e o equipo técnico. García subliña que "para nós xa é un premio estar entre os finalistas. Este recoñecemento pon en valor o esforzo conxunto de todos os negocios asociados, das institucións colaboradoras e do equipo humano da ABE por facer de Boiro un referente no comercio local galego".
Desde a ABE queren agradecer o apoio de todos os socios e socias, así como a colaboración do Concello de Boiro e da Xunta de Galicia, que fan posible seguir avanzando en proxectos que fortalecen o tecido comercial e impulsan a economía local. "Seguiremos traballando con ilusión, compromiso e, sobre todo, con corazón, por un comercio vivo, unido e cheo de futuro”, subliña Daniel García.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques