INFRAESTRUTURAS
Ribeira mellora a pavimentación e o abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira
O orzamento de licitación é de 115.973,84 euros

Estado actual da rúa Agriña, en Palmeira. / C. Ribeira
O Concello de Ribeira saca a licitación a pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira. En consecuencia, procederase primeiro á instalación de 395,00 metros de tubaxe para a condución de auga potable e equipamento necesario, renovando as acometidas domiciliarias e entroncando coas redes existentes para, posteriormente, aplicar o pavimento final de aglomerado asfáltico en quente en toda a calzada, nunha superficie de 2.838,00 metros cadrados.
Os traballos finalizarán co pintado da sinalización horizontal. A duración das obras será de dous meses. Esta actuación enmárcase no POS+2025 e ten un orzamento de licitación de 115.973,84 euros, IVE incluído. O prazo para presentar as ofertas remata ás 23.59 horas do 25 de novembro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros