Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta destina 1,3 millóns de euros á reforma integral do CEIP Praia Xardín de Boiro

No IES de Porto do Son farase o peche lateral da pista deportiva, cun investimento de 280.000 €

Fachada do CEIP Praia Xardín, de Boiro.

Fachada do CEIP Praia Xardín, de Boiro. / ANPA Praia Xardín

Boiro

A Xunta vai licitar por anticipado de gasto, antes de que remate o ano, as primeiras 16 obras de mellora en centros educativos para 2026, cun importe de máis de 16 millóns de euros.

Estas actuacións inclúense na partida de 73,6 millóns para obras en centros educativos recollida nos Orzamentos de 2026 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, un 4% máis do destinado para este fin neste ano.

Este investimento abrangue tanto as partidas anuais para as grandes obras en execución, como, por exemplo, a construción de novos centros, como a realización de novas obras ou as intervencións de pequena e mediana envergadura que adoitan acometerse no verán.

A Consellería ten previsto un investimento de preto de 500 millóns en obras en colexios e institutos de toda a xeografía galega ata 2028 no marco desta folla de ruta.

En canto ás rehabilitacións integrais, acometeranse, entre outras, a do Colexio O Areal, de Camariñas (cun investimento dun millón de euros) e a do CEIP Plurilingüe Praia Xardín, de Boiro (1,3 millóns de euros).

No Instituto de Porto do Son investiranse 280.000 € para o peche lateral da pista deportiva con paneis prefabricados de formigón e chapa ondulada microperforada de aluminio.

Tamén se instalarán neste centro de ensino sonense canlóns e baixantes e colocarase nova cuberta de panel sándwich nos vestiarios.

Tracking Pixel Contents