Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Mostra de Curtas de Noia sobe o pano baixo a súa estela

Actores e actrices lembraron os fitos e os protagonistas dos 25 anos de historia do festival

Autoridades, actores e actrices na apertura da Mostra.

Autoridades, actores e actrices na apertura da Mostra. / Pichero

Noia

O Coliseo Noela de Noia acolleu a inauguración da 26ª edición da Mostra de Curtas, organizada polo Concello co apoio económico da Deputación. Ao acto asistiron o alcalde, Francisco Pérez, e a deputada provincial de Igualdade e Dereitos Civís, Sol Agra.

«Este festival segue a medrar cada ano grazas á calidade da súa programación, con espazos como Curtacativa, que achega a ilusión de contar historias en fotogramas aos máis pequenos, para crear canteira e, por que non, futuros protagonistas do audiovisual galego», dixo Agra.

O alcalde, Francisco Pérez, destacou a proxección internacional deste prestixioso festival.

A gala inaugural foi presentada polo actor Federico Pérez e nela participaron tamén Tito Rober e Drag Vaina. Para lembrar algúns dos momentos da historia desta Mostra pasaron polo escenario David Amor, Marta Doviro ou Antonio Mourelos, entre outros. Houbo tamén un emotivo recordo para o falecido Pedro Brandariz.

No tocante á programación deste venres 14, o Casino acollerá unha actividade para escolares dirixida por Álex Agüera sobre a creación de videoclips; outra destinada a profesionais sobre como distribuír unha curtametraxe, a cargo de Fernando Patín, distribuidor independiente; e outra sobre a aplicación da Intelixencia Artificial no audiovisual.

Tracking Pixel Contents