Exitosa alianza de emprendedores en Boiro nun foro dedicado ao sector agroalimentario
As empresas do ‘coworking’ organizaron unha xornada na que se debatiu sobre sostibilidade e novos modelos de negocio

Participantes no foro Agro 360º celebrado en Boiro. / Cedida
O coworking Lab Barbanza de Boiro acolleu este venres a xornada Agro 360º, sobre adaptación, sostibilidade e emprendemento no sector agoralimentario galego. Na inauguración, o alcalde, José Ramón Romero, destacou que en dito centro «créanse sinerxías que dan como resultado proxectos emprendedores e de futuro».
Agro 360º é unha iniviativa promovida polas empresas que forman parte do coworking Lab Barbanza, como Orixe Salgada, que se ocupou da coordinación e organización das mesas de debate; Espazos verdes e David García, que se encargaron da decoración; Crea e innova, responsable da imaxe e difusión do evento; e Ángela Novo, que despois dunha colaboración con Elena, de Orixe Salgada, conseguiu elaborar unhas velas artesás a base de algas coas que agasallou os asistentes.
Ao longo da xornada, emprendedores e expertos falaron sobre a sostibilidade ambiental e o cambio climático, abordando os marcos legais do sector; innovación e empresa e, con exemplos reais de proxectos e iniciativas que xorden do propio sector e que poden ser de inspiración e exemplo de boas prácticas; e emprendemento e novos modelos de negocio, cunha presentación de proxectos que se están abrindo camiño entre a sostibilidade e a resiliencia.
A deputada provincial de Emprego, Rosa Ana García, clausurou a xornada. “Esta xornada pon de manifesto o noso compromiso con todas aquelas persoas que emprenden no rural. É un exemplo de como a Deputación da Coruña transforma as súas apostas pola economía verde, a transformación agroalimentaria e a colaboración territorial en accións concretas”, sinalou Rosa Ana García.
“O que vimos hoxe en Boiro é un claro exemplo de como o rural galego está a reinventarse: hai talento, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de cooperar. Ese é o camiño: traballar en rede, sumar esforzos e facer que Galicia siga sendo sinónimo de calidade, responsabilidade e futuro”, engadiu a deputada, subliñando a importancia do traballo conxunto entre administracións e axentes do sector.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo