Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

Augas de Galicia acondiciona e limpa 5,5 quilómetros de ríos da Pobra do Caramiñal

Retirará árbores caídas e eliminará especies invasoras

Un operario realizando traballos de limpeza nun dos ríos da Pobra.

Un operario realizando traballos de limpeza nun dos ríos da Pobra. / X. G.

A Pobra

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento fluvial en máis de 5,5 quilómetros en varios ríos da Pobra do Caramiñal.

As tarefas prolongaranse durante dez semanas e desenvolveranse en máis de 1,5 quilómetros do río Lérez; noutros 1,5 km no Pedras, e en algo máis de 1,4 quilómetros no Xundarama. A maiores tamén se actuará en tramos do rego Romeiras, do Morto, e nun innominado ao seu paso por Santa María do Xobre.

Os traballos consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presentes na canle fluvial para evitar atoamentos e posibilitar a circulación fluída das augas. Ademais eliminaranse especies invasoras.

Tracking Pixel Contents