Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RECOÑECEMENTO

Noia aplaude a brillante participación dos seus taekwondistas en Arxentina

O goberno recibiu aos deportistas e técnicos do Club ITF

O alcalde e a concelleira, no centro, con técnicos e deportistas do Club ITF Noia.

O alcalde e a concelleira, no centro, con técnicos e deportistas do Club ITF Noia. / Cedida

Noia

O Concello noiés ofreceu unha recepción oficial ao Club ITF Noia, en recoñecemento á súa brillante participación no Mundial Open ITFU Arxentina, onde os taekwondistas locais competiron coa selección española.

No acto estiveron presentes Carlos Enrique Martín Requejo, presidente da FITE, e Daniela Betiana Goitre, adestradora da selección, así como os deportistas Martín Iglesias Rial, Antón Neu Creo, Jacobo Vilas Martínez, Camilo Ardións Blanco, Leo López Collazo e Miguel Castiñeira Castro, acompañados polo seu adestrador, Antonio Blanco García (Dache).

Todos eles foron recibidos polo alcalde de Noia, Francisco Pérez, e a concelleira de Deportes, Sandra González Castro.

O rexedor amosou o seu agradecemento e admiración aos deportistas e sinalou que «Noia e toda a súa veciñanza, seguirá apoiándoos e contando con eles».

Pola súa banda, a concelleira Sandra González recoñeceu o seu traballo, entrega e dedicación, e destacou «o orgullo que supón para o Concello de Noia contar con deportistas deste nivel». Fixo ademais un recoñecemento especial ao adestrador Dache, polos seus 38 anos formando xeracións de mozos e mozas no taekwondo.

O acto rematou coa entrega dun agasallo institucional aos deportistas e técnicos, en sinal de agradecemento ao seu esforzo e pola impecable representación de Noia e de España a nivel internacional.

Tracking Pixel Contents