SERVIZOS
Ribeira equipa a vivenda de emerxencia social A Garita
O investimento ascende a 23.167,83 euros

O Concello equipará o centro de acollida A Garita. / C. Ribeira
O Concello de Ribeira adxudicou o subministro e instalación de equipamento e mobiliario para a vivenda de emerxencia social A Garita. O procedemento diferénciase en catro lotes. No apartado de equipamento de cociña e baño atópanse a mampara de ducha, vitrocerámica, forno, microondas, campá extractora, frigorífico, lavalouza, lavadora, prancha, mesa de para pasar o ferro, batedor eléctrico, aspiradora, televisión, mobles, mesado, billas, mesa e cadeiras.

Dependencias interiores da vivienda social. / C. Ribeira
Dentro dos téxtiles dotarase con edredóns, xogos de roupa de cama, cobertores, toallas, alfombras, manteis e coxíns. Para mobiliario dos dous dormitorios e salón contémplase sofá, mesa de centro, butacas, armario auxiliar de baño, canapés, colchóns, mesas de noite, cabeceiros, armarios, espello, recibidor, moble e mesa de oficina e estores. Mentres que nos utensilios de cociña van tódolos elementos necesarios: pratos, vasos, cubertos, tixolas...
Finalmente, a mellor oferta económica en cada un dos lotes foi a da empresa César González, S.L. por unha contía total de 23.167,83 euros, que serán financiados no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dentro dos fondos europeos NextGenerationEU.
O prazo de execución para equipar a referida vivenda social é de mes e medio.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques