GALA
Creación poética e dinamización do galego co Concurso Albariza de Ribeira
A alcaldesa, María Sampedro, presidiu a entrega de premios

María Sampedro entregándolle o premio a Manuel López, gañador na categoría de adultos. / Cedida
O Concurso de Poesía Albariza de Artes xa ten as obras gañadoras da súa duodécima edición, que promoveron conxuntamente o Concello de Ribeira e o Centro Recreativo de Artes como instrumento para a dinamización da creación literaria e do uso da lingua galega.
Na categoría de 9 a 11 anos, o primeiro premio foi para Nicolás González Ordóñez, con O bosque que cambia de cor; o segundo recaeu en Paula Paz Martínez e Aldara, abre a túa mente; e o accésit foi para As cartas da miña avoa, de Claudia Arcos Paz.

A alcaldesa entregándolle o premio a Fátima de la Iglesia Lobato. / Cedida
De 12 a 14 anos, distinguíronse os traballos de Fátima de la Iglesia Lobato, con A nosa identidade, primeiro premio; Ana González Barreiro, con Unha muller diferente, segundo premio; e Erik Vidal Pego, con A miña avoa, accésit. A modalidade de 14 a 18 anos quedou deserta e, na de 18 anos en diante, Manuel López Rodríguez obtivo o primeiro galardón con Esperta!; e Alba Sánchez Ares, o segundo, con Vodas de ouro; mentres que os accésits foron para As de Artes, de Rebeca Puentes Carro, e Blues da vaca Manola, de Emilio Fernández de Sanmamed Fernández.
Finalmente, na categoría especial de persoas maiores, houbo mención para Pepita Vidal Pérez, con A vida hai que amala, e para Magdalena Castro González, con Pepiño saíu a xogar.
O xurado estivo composto Patricia Torrado Queiruga, escritora de Porto do Son e gañadora deste concurso o ano pasado; Manuel Reiriz Dios, presidente ata este ano do Centro Recreativo de Artes; Naíma El Gargari Sampedro, secretaria de dita entidade; e Alicia Padín Otero, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, en calidade de secretaria.

Un momento do acto de entrega dos premios Albariza en Artes. / Cedida
A alcaldesa, María Sampedro, participou no acto de entrega dos premios durante o cal expresou que "o certame de poesía Albariza é un claro exemplo do que é a extensión cultural. Dous organismos que se unen para enriquecer culturalmente á sociedade promovendo a participación activa da mesma e difundindo a cultura dende un lugar moi concreto e significativo como é a parroquia de Artes."
Tamén se referiu ao concurso como "un dos máis lonxevos non só do noso municipio, senón de toda a comarca do Barbanza. Estamos ante unha cita ineludible co mundo das letras, coa creación literaria e en lingua galega."
Recoñecemento a Manuel Reiriz
Amenizada musicalmente polo grupo A Misela, na xornada tamén se fixo entrega do galardón a Clara González Barreiro polo tríptico conmemorativo, ademais de recoñecer o labor de Manuel Reiriz, presidente ata o de agora. A actual presidenta, Rosa Orellán, fíxolle entrega dunha escultura coa inscrición "Mira cara atrás e síntete orgulloso por todo canto conseguiches."
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza