O Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia chega ao seu fin en Ribeira
A mostra Helena, de Thiassos Teatro, pechou onte o evento

Ana Barreiro, segunda pola esquerda, foi a encargada de entregar os premios ás compañías teatrais. / Cedida
O Auditorio Municipal de Ribeira foi escenario do acto de clausura da cuarta edición do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia, que trouxo á capital barbanzá cinco funcións teatrais a cargo de compañías galegas, nacionais e internacionais entre os meses de setembro e novembro.
Antes do peche da mostra con Helena, de Thiassos Teatro (procedente de Portugal), a edil de Cultura, Ana Barreiro, participou na recepción dos galardóns; momento no que destacou que "Ribeira goza de gran vitalidade cultural e o noso Concello sempre tivo un forte compromiso co teatro, polo que este festival contribuíu a fortalecer e enriquecer a programación cultural que ofertamos".
A isto engadiu que "a cultura é peza angular de toda sociedade, pois é unha ferramenta pedagóxica que nos permite conectar a nivel intelectual e emocional, que nos nutre como persoas."
Barreiro tamén subliñou a importancia da colaboración entre Administracións públicas e entidades promotoras "para levar propostas culturais de interese máis alá das grandes cidades". "Sigamos na liña de potenciar as artes escénicas, de establecer diálogo e pontes entre os territorios a través das disciplinas artísticas, de establecer redes de colaboración... En definitiva, sigamos desfrutando da cultura", destacou durante o acto guiado pola actriz Jana Tort.
Cinco espectáculos entre setembro e novembro
O festival deixou cinco representacións teatrais en Ribeira de diversa temática nos últimos meses. Denigrantes Comediantes, un grupo galego, levou a escena Amareite ata que te odie, no 27 de setembro.
Xa no mes de outubro estivo EntreCajas Fusión Teatro, de Cantabria, con Soños do Mar Negro, no día 4; A Casa de Bernarda Alba, da man de Noite Bohemia, de Galicia, no día 5; e As Galas do Defunto, a cargo de Cardume Teatro, de Galicia, no día 12. Thiassos Teatro, de Portugal, puxo o broche de ouro o pasado domingo, 16 de novembro, con Helena.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo