CULTURA
Semana musical na igrexa de San Martiño de Noia
Actuarán as corais de Barbadás, Cariño e da vila noiesa

Os concertos terán lugar na igrexa de San Martiño de Noia. / Turismo de Galicia
A vila de Noia acolle unha nova Semana Musical, que este ano alcanza a corenta e oito edición do 21 ao 23 de novembro na igrexa de San Martiño. O programa foi presentado nun acto no que participaron membros da Coral Polifónica de Noia, coa presenza da súa presidenta, Marina Contreras, e da concelleira de Cultura, Chelo Martínez.
Marina Contreras destacou a participación das corais Auria Canta, de Barbadás (Ourense) e a Polifónica de Cariño, xunto a Polifónica de Noia (o sábado 22). Subliñou tamén a participación do dúo noiés Dúo Naan, «un orgullo para a nosa vila e un exemplo do talento local que queremos seguir apoiando». As actuacións comezarán o día 21 co concerto do coro, a orquestra e a banda do Conservatorio Felipe Paz Carbajal, de Noia.

Cartel promocional da Semana da Música de Noia. / Cedida
Pola súa banda, Chelo Martínez, concelleira de Cultura, salientou a importancia desta actividade para Noia, «unha cita xa imprescindible no noso calendario cultural que reúne aos noieses e noiesas arredor dunha tradición que se gañou, por mérito propio, un lugar especial no corazón da nosa vila».
Martínez destacou que a Semana Musical «é unha maneira de coidar aquilo que forma parte da nosa identidade colectiva: a música compartida, o esforzo das nosas agrupacións e a emoción de celebrar o que somos como comunidade».
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene