ARTESANÍA NA ESCOLA
Sementando saber en Boiro na busca de novos zoqueiros e creadores de pandeiretas
Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegaron os seus oficios aos escolares

Elena Ferro, esquerda, Gabriel Alén e José Ramón Romero, no CEIP Santa Baia. / X. G.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do alcalde, José Ramón Romero, achegouse ao CEIP Santa Baia de Boiro para presentar o programa Artesanía na Escola impulsado pola Xunta e asistir ás demostracións da zoqueira Elena Ferro e do artesán de instrumentos tradicionais de percusión Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas desta iniciativa de divulgación da artesanía. Os dous artesáns achegaranse tamén ao CEIP Cespón.
Artesanía na escola é un programa de divulgación impulsado pola Xunta e dirixido a achegarlles os oficios artesanais e os valores da artesanía aos nenos e nenas de colexios de toda Galicia.
O obxectivo é presentarlles aos escolares diferentes oficios artesanais como unha profesión de futuro —facendo fincapé nos máis tradicionais— ao tempo que conciencialos do valor do produto feito á man e da marca Artesanía de Galicia.
Artesanía na escola comezou cunha unidade didáctica dedicada ao oficio dos zoqueiros, a través da figura de Elena Ferro, responsable do taller Eferro (Merza, Vila de Cruces), un obradoiro familiar activo desde o ano 1915 e que viu recoñecida a súa traxectoria co Premio Nacional de Artesanía no ano 2019.
Elena Ferro destaca polo seu traballo cun produto característico da tradición rural: os zocos de madeira. Esta artesá conseguiu un cambio no valor de uso deste calzado de traballo, outorgándolle un novo significado a este produto sen que perdese a súa esencia e reinventouno como complemento de moda con constantes innovacións en deseños, materiais e cores.
Pola súa banda, Xosé Manuel Salvado Sanín, do obradoiro Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela) é o protagonista da segunda das unidades didácticas de Artesanía na Escola. Baixo o título Eu son artesán de percusión tradicional, céntrase na historia e elaboración da pandeireta, un dos instrumentos máis tradicionais de Galicia.
A Fundación Artesanía de Galicia continúa a traballar na seguinte unidade didáctica que estará centrada na elaboración de figuras de pan de Santo André de Teixido, co obxectivo de ir incrementando a variedade de oficios que se presentan no marco desta iniciativa.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros