Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A conselleira do Mar destaca na Pobra a forte aposta de Congalsa pola innovación e a sostibilidade

Marta Villaverde dixo que a compañía "é un exemplo da modernización do sector alimentario”

Marta Villaverde, este xoves en Congalsa.

Marta Villaverde, este xoves en Congalsa. / Cedida

A Pobra

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou na Pobra a empresa Congalsa, dedicada á elaboración de produtos pesqueiros conxelados, onde destacou a aposta da compañía pola innovación tras coñecer os seus procesos produtivos e o seu compromiso pola sostibilidade.

Unha aposta que lle permite dar resposta ás necesidades do consumidor actual, “e que a sitúan como elemento tractor para o desenvolvemento da comarca e a converten nun exemplo da modernización do sector alimentario”, sinalou.

A conselleira lembrou que a Administración autonómica aumentará o vindeiro ano o orzamento para o impulso da competitividade das pemes de transformación un 5%, ata chegar aos 17 millóns de euros.

Tracking Pixel Contents