Liberdade con cargos para os dous últimos detidos pola descarga de 3,6 toneladas de cocaína na Pobra
A xuíza retiroulles os pasaportes, deben comparecer semanalmente no Xulgado e están investigados por un presunto delito contra a saúde pública, pertenza a organización criminal e branqueo de capitais

Fardos de cocaína que os narcos perderon na Pobra tras a descarga na praia de Niñeiriños. / Cedida
A xuíz do Tribunal de Instancia de Muros decretou este xoves liberdade con cargos para os dous últimos detidos en Barbanza en relación á descarga de 3.600 quilos de cocaínaque a Policía Nacional frustrou o pasado mes de setembro na Pobra.
Fiscalía non interesou o seu ingreso en prisión. Como medidas, impúxolles a retirada do pasaporte e a obrigación de comparecer semanalmente no Xulgado. Están investigados por un presunto delito contra a saúde pública, pertenza a organización criminal e branqueo de capitais.
Estas dúas persoas foron arrestadas o pasado martes tras os rexistros domiciliarios levados a cabo por axentes da Policía Nacional nos municipios da Pobra do Caramiñal (na zona do Campiño) e Ribeira (na parroquia de Palmeira).
No marco da operación Saona, a Policía Nacional comisou parte da cocaína que os narcos descargaran na praia pobrense de Niñeiriños e que perderon durante a persecución policial; o resto da droga atopouna a Policía Local ao día seguinte nunha nave abandonada.
O operativo saldouse con 16 persoas detidas, das que 12 ingresaron en prisión.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo