Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Noia convida a adentrarse no universo do cómic con mostras, talleres, charlas, música, concursos e encontros con oito artistas

Celebrarase do 28 ao 30 no Liceo e participarán Miguelanxo Prado, Álvaro Ortiz, Lucía Cid, Iría Aldegunde, Fran Jaraba, Antonio Altarriba, Luís Davila e Pablo Venditti

Vista parcial do cartel das xornadas sobre o cómic do Liceo de Noia.

Vista parcial do cartel das xornadas sobre o cómic do Liceo de Noia. / Cedida

Noia

O Liceo de Noia acollerá do 28 ao 30 deste mes de novembro a oitava edición das xornadas de cómic V de Viñetas, unha das citas máis potentes do panorama da banda deseñada en Galicia.

Miguelanxo Prado, Álvaro Ortiz, Lucía Cid, Iría Aldegunde, Fran Jaraba, Antonio Altarriba e Luís Davila acudirán a este evento par facer delicias entre os apaixoados do cómic.

A cita inclúe cinco exposicións, unha dela dedicada a Luís Davila, na que se poderán mercar orixinais deste autor galego.

Tamén se renderán homenaxes a autores falecidos (noutras edicións honráronse as figuras de Purita Campos, Francisco Ibáñez e Carlos Pacheco). Nesta ocasión farase un tributo a Akira Toriyama cunha exposición.

No V de Viñetas haberá tamén obradoiros, charlas e sesións de sinaturas. Pablo Venditti fará caricaturas en directo. Varias librarías especializadas participarán igualmente neste encontro, que conta con dúas novidades. A primeira, un concurso de viñeta humorística dotado cun premio de 500 euros, no que os participantes terán que debuxar en directo. Os máis pequenos tamén terán un concurso onde debuxarán un perosonaxe do mundo de Akira Toriyama, e o premio para eles será un bono de 100 euros para gastar en tebeos alí mesmo, nas xornadas de V de Viñetas.

E como redobre de tambor, a outra novidade será un concerto de música viñeteiro a cargo da Banda de Música de Noia.

TEMAS

Tracking Pixel Contents