As carrilanas de Esteiro saen do circuíto xudicial
Unha sentenza exime a organización de responsabilidade civil subsidiaria tras unha denuncia a un garda de seguridade por lesións nun concerto

Imaxe de arquivo dunha pasada edición do Gran Prix de Carrilanas de Esteiro. / Cedida
O Xulgado do Penal nº5 da Coruña ditou unha sentenza na que absolve a Asociación Deportiva e Cultural Esteirana de Carrilanas (organizadora do Gran Prix de Carrilanas de Muros) de responsabilidade civil subsidiaria en relación a un presunto delito de lesións por parte dun garda de seguridade denunciado en 2019 por un asistente a un concerto organizado pola citada entidade.
Os feitos xulgados tiveron lugar en xullo de 2019 cando un garda de seguridade dunha empresa contratada pola A.D.C. Esteirana de Carrilanas esposou un asistente que se resistía a abandonar o recinto do concerto proferindo insultos e opoñendo resistencia.
O home denunciou as presuntas lesións que lle provocaron as esposas na man dereita, mentres que o garda de seguridade denunciouno a el por supostas ameazas. Finalmente, o home que denunciou lesións foi condenado por ameazas a unha multa de 6 € ao día durante un mes, e o garda de seguridade foi absolto, o que conleva que a asociación quede eximida de responsabilidade civil subsidiaria.
«Non se trataba unicamente dos case 40.000 € inxustamente reclamados por parte do denunciante; tratábase de confirmar que desde esta asociación se fan as cousas ben», sinala a asociación. «Non existiu delito por parte de ninguén que participase na organización do Gran Prix de Carrilanas. Unha cantidade como a reclamada nese proceso penal sería terrible para a asociación de verse afectada», engade. A sentenza non é firme: cabe recurso ante a Audiencia Provincial.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza