Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Museo do Gravado de Ribeira acolle a mostra 'Alcogravado', con obras de 38 artistas

A exposición colectiva é o resultado dun obradoiro

José Fuentes, durante a súa intervención na inauguración da mostra.

José Fuentes, durante a súa intervención na inauguración da mostra. / Cedida

Ribeira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou este venres na inauguración da mostra Alcogravado, no Museo do Gravado de Artes, tras un obradoiro froito das sinerxías entre esta institución museística e a Universidade e o Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía de Salamanca.

O resultado son 38 obras derivadas do proceso de aprendizaxe doutros tantos artistas que se formaron no gravado sobre metal empregando o mordente da man dos profesores José Fuentes, Isabel Carralero e Antonio Navarro.

"O mundo da estampa está en constante actualización, asumindo novas técnicas para renovar a maneira de facer e gozar da arte", manifestou a rexedora, quen gabou o labor pedagóxico do museo e

felicitou o profesorado e alumnado participante que "converten esta visita nunha experiencia excepcional."

Nesta mesma liña, Sampedro puxo en valor a institución museística como "indiscutible motor cultural que espalla arte alén das nosas fronteiras dende unha parroquia que non pode levar nome máis axeitado".

Exposición colectiva

Carmen Alonso, María Baamonde, Alejandro Bobillo, Sonia Cabello, Mercedes Calderón, Yolanda Carbajales, Fernando Carballa, Isabel Carralero, Dolores Cela, Alberto García, Rafa Gómez, Ramón Grau, Maite Janeiro, Imma Jiménez, Pepe Lijó, Aida López, María Teresa López, Meis, Encarna Méndez, Mar Mendoza, Mónica Montero, Antonio Navarro, Nuria Pena, Alberto Pena, Antonio Pérez, Sandra Ramos, Concha Redondo, Rosa Rico, Ester Rincón-Benzalá, Delio Rivadulla, Ana R. Barbará, Lucía Romes, Pastor Rodríguez, Isabel Somoza, Olga Tenorio, Andrés Touceda, Mariña Vázquez e Néstor Vega son os artistas que exploraron esta técnica e asinan os gravados expostos.

Tracking Pixel Contents