Porto do Son inviste máis de 42.000 euros na mellora do centro de saúde
A actuación consistiu na limpeza e saneamento da cuberta, a reposición de tellas danadas e a impermeabilización e pintado da fachada

Imaxe da fachada do centro de saúde tras as melloras realizadas. / Cedida
O centro de saúde de Porto do Son xa loce un novo aspecto tras as recentes obras de mellora acometidas, a través do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello.
Esta nova obra, que dá continuidade á reforma da cuberta do centro realizada o pasado ano, contou cun investimento de 42.894,50 euros, financiado ao 50% entre as administracións autonómica e local, aportando cada entidade 21.447,25 euros.
As obras consistiron nunha limpeza e saneamento completo da cuberta, así como o lavado da parte traseira do tellado e reposición de tellas rotas. Na zona dianteira levantáronse as tellas para eliminar a vexetación.
Por último, realizouse unha limpeza xeral, unha substitución de pezas danadas e a impermeabilizado das chemineas.
En canto ás fachadas realizouse unha limpeza e impermeabilización para mellorar a eficiencia enerxética, así como para evitar filtracións de agua e humidade.
Tras o remate das obras, o alcalde, Luis Oujo, agradeceu “a disposición da Xunta de Galicia para chegar a este tipo de acordos, que son fundamentais para a mellora das nosas infraestruturas”.
“Esta actuación permitirá ofrecer un espazo máis axeitado para a prestación da asistencia á nosa veciñanza, así como tamén optimizar as condicións do centro, prolongar a durabilidade da infraestutura e mellorar a súa eficiencia enerxética”, engadiu.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo
- La huelga en el transporte 'castiga' a los viajeros: tres testimonios sobre sus consecuencias en Santiago