Rianxo acollerá do 10 ao 14 de decembro a Mostra de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo
Proxectaranse 35 filmes nacionais e internacionais, e na competición oficial participarán 17 curtametraxes documentais

Pola esquerda, Marcos Gallego, Julián Bustelo e Natividade González. / Cedida
A deputada provincial de Cultura, Natividade González; o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; e o presidente da Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, Marcos Gallego, presentaron a oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, que se celebrará en Rianxo do 10 ao 14 de decembro.
Nesta edición proxectaranse no auditorio municipal 35 filmes nacionais e internacionais, e na competición oficial participarán 17 curtametraxes documentais procedentes de diferentes países.
Competirán polo Premio do Público (1.000 €) e polo Premio á Mellor Película da Competición Oficial (2.000 €), este último outorgado por un xurado profesional. Este ano incorpórase un novo apartado competitivo: a Sección Galega, na que o público poderá votar para elixir ao filme que recibirá o Premio do Público á Mellor Película Galega. Outra das novidades é a Sección Infantil, na que se proxectarán cinco pezas.
O programa incluirá tamén un roteiro divulgativo sobre o marisqueo; foros sobre a carpintería de ribeira, a navegación tradicional e o traballo das confrarías; a presentación do libro O cineísta andarengo: a propósito de Bernardino de Lamas, de Manolo González; e un obradoiro de cinema con móbiles.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques