Día da Eliminación da Violencia contra a Muller 2025
Outes aposta polo ensino infantil polo 25N
A rapazada puido gozar de múltiples obradoiros e dunha charla informativa ao longo do mes

O alumnado atendendo no último dos obradoiros. | CEDIDA
Como cada novembro, o Concello de Outes deixa ben claro cunha serie de iniciativas que a protección da muller en todos os puntos e a reivindicación dos seus dereitos é un dos eixos prioritarios do goberno municipal.
Especialmente, o Concello busca difundir esta filosofía entre os máis novos do municipio. E mostra disto foron os múltiples talleres que impartiron nos centros de ensino do municipio, nos que trataron cuestións significativas como os vínculos afectivos sans ou a igualdade entre home e muller. Ademais, no día de onte, o alumnado de 3º de ESO do IES Poeta Añón gozou dunha charla informativa relacionada coas agresións e os diferentes tipos de violencia sexual que se poden dar na actualidade.
Para o día máis importante do mes, hoxe, 25N, convocaron unha concentración ás 12.30 horas na Praza de Galicia.

Día da Eliminación da Violencia contra a Muller 2025
Día da Eliminación da Violencia contra a Muller 2025A vindeira proposta será a impulsión do obradoiro Coñezo o meu corpo e constrúo vínculos sans, no que ensinarán aos pequenos de 6º de Primaria do CEIP Plurilingue de Outes conceptos xerais sobre a igualdade, como funciona a pubertade e o impacto actual das redes sociais neste marco. Todo isto con materiais atractivos para fomentar a reflexión.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros