Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VISITA

Oitenta e unha empresas de Muros recibiron axudas do Plan de Emprego Local

Galuriña é unha das beneficiarias do plan da Deputación

Mari Carmen Sánchez, esquerda, e Rosa Ana García, na sede de Galuriña.

Mari Carmen Sánchez, esquerda, e Rosa Ana García, na sede de Galuriña. / D. C.

Muros

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, visitou en Esteiro (Muros) a empresa Galuriña, acompañada pola xerente Mari Carmen Sánchez, para coñecer de primeira man a súa actividade e destacar o apoio da institución ás pequenas empresas a través do Plan de Emprego Local (PEL).

Galuriña, especializada en produtos de alimentación elaborados a partir de algas mariñas, produce empanadas e pizzas ecolóxicas que combinan tradición e innovación. A empresa vén de ser distinguida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co premio honorífico de Excelencia á innovación para mulleres rurais na categoría de actividade pesqueira e acuícola.

«Galuriña é un claro exemplo de como a innovación e a aposta polo producto local poden converter un pequeño proxecto emprendedor nun referente de calidade e sustentabilidade no sector agroalimentario», destacou a deputada.

Rosa Ana García apuntou que Galuriña é unha das 81 empresas de Muros que se beneficiaron das axudas do PEL desde a súa creación. A nivel provincial son máis de 7.000 as empresas beneficiarias. Lembrou que actualmente está aberto o prazo de solicitude das diferentes liñas de axudas PEL 2026, dotadas cun orzamento total 8,6 millóns de euros.

TEMAS

Tracking Pixel Contents