Máis de 500 escolares participarán en Boiro na gran festa da inclusión de Amicos
O festival Festiritititi celebrarase o mércores día 3 no polideportivo de Barraña

Pola esquerda, Digna Iglesias, Nuria Fernández, Javier Freijo, Pilar Sampedro e Raúl Treus. / Cedida
O Concello de Boiro acolleu a presentación do Festiritititi 2025, o festival inclusivo organizado pola asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos con motivo do Día Internacional das
Persoas con Discapacidade.
No acto participaron a vicepresidenta da entidade, Digna Iglesias; a responsable da área de Pekes (Centro de Eduación Especial de Amicos), Nuria Fernández; o concelleiro de Servizos Sociais de Boiro, Raúl Treus; e Javier Freijo, usuario de Amicos, quen explicou como se desenvolverá esta oitava edición, que terá lugar o mércores 3 de decembro, ás 11.00 horas, no polideportivo de
Barraña.
Para esta actividade está confirmada xa a participación de dez centros educativos do Barbanza.
Digna Iglesias agradeceu o apoio “da Consellería de Política Social e de empresas como Gadis, Veolia, Mc Donald’s Rías Baixas, Grupo Nosa, Fesba, Boiresa e Ángel Mar, así como do Grupo Jealsa, cuxo compromiso a través do programa We Sea é fundamental desde a primeira edición para facer realidade este festival da inclusión”.
Máis de 500 escolares compartirán xogos, risas e experiencias que lles permiten entender que a diversidade é unha verdadeira riqueza.
O Festiritititi é un evento referente na promoción da inclusión a través do xogo, implicando centros educativos, administracións públicas, empresas, persoas con discapacidade intelectual, familias
e comunidade en xeral.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo