Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RECOÑECEMENTO

Premio nacional para Boiro polo proxecto EnClave

É un plan pioneiro que promove unha convivencia positiva no eido escolar

A edil, Carmen Silva, e o alcalde, José R. Romero, presentando o proxecto deste curso.

A edil, Carmen Silva, e o alcalde, José R. Romero, presentando o proxecto deste curso. / C.

Boiro

O Proxecto EnClave de educación integral e saúde do Concello de Boiro vén de gañar un premio no IX Concurso de Boas Prácticas Municipais na prevención e intervención fronte ao absentismo e na mellora da convivencia escolar convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

En concreto, o proxecto foi presentado na categoría de Mellora da Convivencia Escolar en Municipios de ata 20.000 habitantes, no que tamén foi galardoado o proxecto Playground no municipio sevillano de La Algaba.

EnClave é un programa pioneiro e innovador que naceu no curso 2021/2022 para educar, previr o acoso escolar e promover o benestar emocional e a saúde mental do estudantado da localidade. Trátase dun programa vivo que se vai adaptando cada curso en función das necesidades detectadas polo persoal docente e a comunidade educativa.

O obxectivo xeral é promover unha cultura de convivencia positiva, inclusiva e corresponsable na contorna escolar mediante unha estratexia transversal e innovadora que integra os ámbitos educativo, social e da igualdade co fin de previr a violencia, fomentar a equidade e fortalecer os vínculos comunitarios.

Acompañamento emocional

O proxecto, integral e preventivo, combina atención psicolóxica, promoción da saúde, detección temperá de dificultades da aprendizaxe e mellora da convivencia. A atención psicolóxica atállase a través de programas estruturados de atención psicolóxica individualizada e acompañamento emocional no contexto escolar; a promoción da saúde reforzando a prevención de hábitos saudables e autocoidados como a hixiene bucodental, a saúde visual e a educación afectivo-sexual; e a detección temperá de dificultades de aprendizaxe como a dislexia e TDAH.

Desenvolvese durante todo o curso escolar, coordinado polas áreas de Educación e Igualdade do Concello de Boiro, e está financiado integramente con fondos municipais.

O acto de entrega dos premios será o vindeiro día 10 de decembro en Madrid.

TEMAS

Tracking Pixel Contents