VISITA
Rianxo abre as portas a unha bisneta dos Castelao arxentinos
Paula Uramburu percorreu os espazos simbólicos que foron escenario da vida do galeguista

Ordóñez, esqda., Bustelo, Paula Uramburu e Seixas, diante da escultura de Castelao. / Cedida
Rianxo abriu as súas portas á memoria. A vila mariñeira recibiu a Paula Uramburu, bisneta dos Castelao arxentinos, concretamente de Francisco Castelao, e neta de Blanca Isabel Castelao Roza. Chegou dende o outro lado do Atlántico para reencontrarse co berce da súa familia.
Acompañada polo presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, foi recibida no concello polo alcalde Julián Bustelo e polos representantes da Asociación Etnolóxica Alfonso Manuel Rodríguez Castelao: Xosé Bravo, presidente; Xusto Ordóñez; e Carmen García e Benito Miguens, vogais da entidade.
Xusto Ordónez asegura que «foi un diálogo entre a emigración e a terra, a lembranza e a identidade. Paula representa a continuidade dunha historia que comezou cando Francisco e Manuel, tíos de Castelao, emprenderon a viaxe cara a Arxentina».
Paula percorreu as rúas e recantos máis emblemáticos de Rianxo, aqueles que foron escenario da vida e das lembranzas da familia Castelao. «Cada pedra, cada esquina, semellaba devolverlle un anaco de historia compartida», subliña Ordónez.
No encontro participou tamén Teresa Bravo, que durante anos foi coidadora e amiga das irmás de Castelao. «A súa presenza engadiu un matiz íntimo e entrañable, como se a memoria se fixese carne e voz diante dos presentes», engadiu. «Rianxo viviu unha xornada que lembrou a forza dos lazos familiares e culturais que unen Galicia coa emigración, e que manteñen viva a chama de Castelao».
- Así será el invierno en Galicia después de un otoño 'extremadamente cálido
- La joven promesa musical de Milladoiro: 'Sempre quixen ser violinista
- Santiago tendrá un vuelo directo a Ámsterdam el próximo verano operado por KLM
- Almeja babosa a 50€/kg y besugo a más de 70 a diez días de Nochebuena
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- El barrio de Santiago que celebrará la Navidad por todo lo alto: 'Haberá moita música e demais sorpresas!
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- Roban el Grinch de una de las casas más adornadas de Santiago en Navidad: 'Supoñemos que foron eles