ACTIVIDADES
O Nadal xa ilumina as noites de Ribeira
Inaugurouse o Belén e a pista de xeo xa está operativa

O alumeado de Nadal xa ilumina a zona comercial da cidade. / Cedida
Ribeira deu a benvida ao Nadal co acendido da iluminación na zona comercial e a inauguración do Belén municipal. A rapazada foi a encargada de premer o botón que marca o inicio da época festiva por excelencia do inverno.

A alcaldesa e edís locais coa rapazada que acendeu o alumeado de Nadal. / Cedida
A alcaldesa, María Sampedro, explicou que "decidimos que coincidise o inicio do Nadal en Ribeira co Black Friday para establecer sinerxías entre estes dous eventos cara a dinamizar social e economicamente a nosa cidade. En vindeiras datas, a iluminación tamén chegará ao resto da cidade e ás nosas parroquias para que todo o noso municipio, sen excepción, luza esplendoroso nunhas datas tan significativas."

Belén municipal na capital ribeirense. / Cedida
O público puido gozar de chocolate con churros para quecer o corpo e tamén se dinamizaron as contornas dos establecementos locais e hostaleiros co espectáculo itinerante A luz do Camiño, de Troula Animación. A charanga BB+ puxo a música.
Ademais, xa está operativa a pista de xeo instalada no Malecón, promovida pola Asociación de Empresarios de Ribeira coa colaboración do Concello.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques