DISTINCIÓN
Rianxo nomea Fillos Predilectos a Xosé Romero e Maruxa Miguéns: Os Rosales
A Corporación recoñece o seu gran labor no eido da música tradicional galega

Maruxa, no centro, no pleno celebrado este domingo en Rianxo. / Cedida
A Corporación de Rianxo nomeou este domingo Fillos Predilectos do Concello a Xosé Romero (xa finado) e á súa dona, Maruxa Miguéns, impulsores do grupo Os Rosales de Asados, en recoñecemento ao seu gran labor no eido da música tradicional galega.
A proposta, que partiu do BNG, contou co apoio unánime de todos os grupos políticos municipais.
O alcalde, Julián Bustelo, subliñou durante a sesión extraordinaria que «a lista de fillos e fillas predilectas do Concello de Rianxo é unha lista que integra a homes e mulleres humildes, traballadores e traballadoras que destacaron na defensa da cultura galega e dos valores democráticos. Os Rosales tiñan que estar nela». Como diría Xosé, engadiu o rexedor rianxeiro, «afinación, tempero e espírito de Galicia» como maneira de entender a vida.

Pleno no que Os Rosales foron nomeados Fillos Predilectos. / Cedida
Os Rosales foi un grupo fundado en 1952 que sentou cátedra e creou escola, e moitos dos cantantes e instrumentistas da música tradicional galega tiveron e teñen como referentes a Xosé Romero Suárez e Maruxa Miguéns Lustres.
O seu labor transcendeu aos escenarios, pois tamén levaron a cabo un intenso traballo de formación en diversos centros culturais do Barbanza, impartindo clases de gaita e percusión.
Xosé e Maruxa foron recentemente inmortalizados polo artista Yoseba MP nunha obra mural que pode verse nunha das vivendas do lugar de Asados.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo
- La huelga en el transporte 'castiga' a los viajeros: tres testimonios sobre sus consecuencias en Santiago