SOLIDARIEDADE
Boiro chama á empatía e ao compromiso colectivo coa campaña ‘Doa un sorriso’
O reto é xuntar alimentos e outros produtos para familias en situación de vulnerabilidade

Asistentes á presentación da campaña 'Doa un sorriso' en Boiro. / Cedida
Bota a andar unha nova campaña solidaria Doa un Sorriso, promovida pola Clínica Dental Rebeca Ozores en colaboración coa Asociación Boirense de Empresas, Cáritas Boiro e Cruz Vermella.
Desenvolverase do 2 ao 13 de decembro e ten como finalidade recoller alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e doazóns económicas destinadas a familias en situación de vulnerabilidade.
Este ano incorpóranse petos solidarios nos comercios participantes para facilitar doazóns económicas, e o día 13 realizarase unha gran recollida de alimentos nos principais supermercados.
Na rúa peonil haberá animación e reparto de palomitas, e entre as persoas que realicen unha doazón sortearanse dous irrigadores dentais doados pola clínica dental e un lote de agasallos da ABE.
Os negocios poden inscribirse a través do correo electrónico info@clinicadentalrebecaozores.es.
Fani Quintáns, respresentante da clínica promotora, sinalou na presentación que «Doa un Sorriso é moito máis ca unha campaña: é unha chamada á empatía e ao compromiso colectivo. Cada pequeno xesto conta».
Tomás Estévez, xerente da ABE, destacou que «o comercio local é parte activa da vida da vila, e estamos orgullosos de colaborar para que esta campaña siga medrando e axudando a quen máis o necesita». Pola súa banda, o concelleiro Raúl Treus manifestou o respaldo do Concello, indicando que «Boiro sempre responde cando se trata de solidariedade».
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago