DIVULGACIÓN
Noia achega o mundo da micoloxía a máis de oitenta persoas
A xornada foi guiada por Xosé Lois Piñeiro e Manuel Ces

Participantes na saída guiada polo monte de San Lois. / Cedida
O Concello de Noia organizou unha xornada de iniciación á micoloxía que congregou máis de 80 persoas interesadas en coñecer de preto o mundo dos fungos. A actividade tivo como obxectivo promover o respecto pola natureza e ofrecer ferramentas para un recoñecemento e unha recolección responsable das especies presentes no territorio.
A sesión formativa estivo dirixida por Xosé Lois Piñeiro, profesor de Bioloxía, quen abordou aspectos biolóxicos fundamentais sobre os fungos, o seu papel no ecosistema e as súas particularidades. Ademais, participou tamén Manuel Ces, experto local cunha longa traxectoria na micoloxía da comarca, encargándose de achegar o seu amplo coñecemento práctico e a identificación de especies habituais da contorna.

Asistentes á xornada formativa celebrada en Noia. / Cedida
Os participantes gozaron dunha saída guiada polo monte en San Lois, onde puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos. A colleita non foi moi abundante pero si variada, o que facilitou múltiples explicacións sobre diferentes tipos de fungos atopados.
Desde o Concello de Noia destacan "a alta participación e o interese da veciñanza por coñecer mellor o noso medio natural", e sinalan que se seguirá apostando por actividades divulgativas que fomenten a posta en valor e conservación da biodiversidade local.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional